Deputacon de Pontevedra

Agasallo.eu

O noso boletín por e-mail conta xa con 3067 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia


Revista en PDF:

Descárgaa xa













 


Axencia Galega de Innovacion

AMTEGA



Cabozo.com incorpora o servizo de videoconferencia á súa web

mércores 27 de outubro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

Malia que tan só leva un ano e oito meses en funcionamento, a rede social galega Cabozo.com, xa vén de adiantarse a outras curmás súas que a superan en anos e en número de usuarios na Rede e acaba de estrear unha nova versión 3.0 á que, entre outras cousas, se lle incorpora o servizo de videoconferencia.
Esta ferramenta, posta a andar por Antonio Mariño e Ánxel Folgueira, está a piques de chegar aos 3.000 usuarios rexistrados e ¿que mellor maneira de celebralo que presentar a nova versión que permite facer videoconferencias con outros usuarios?
En concreto, o servizo permite manter videoconferencias con ata catro persoas ao mesmo tempo así como dispor dunha canle propia na que emitir en directo os nosos vídeos para que o resto de usuarios de Cabozo os poidan ver.
Asemade, Cabozo, na súa teima por ofrecerlle aos usuarios e usuarias da súa web as máximas facilidades para interactuar con outras redes sociais e medios galegos, vén de crear o Botón Cabozo, que permite o intercambio de contidos. Para poder usalo, as persoas interesadas deben descargar a aplicación e incorporala ao seu blog ou web.
Porén as posibilidades de intercambio de contidos non só quedan nos nosos lindes (virtuais) senón que dende hai aproximadamente un mes, as persoas usuarias de Cabozo.com poden interactuar dende Facebook e Twitter, dúas das redes sociais máis populares a nivel internacional nas que Cabozo ten presenza.
Cabe recordar que Cabozo é a primeria web que porta o selo Código Bravú, que eles mesmos promoven e que ten como obxectivo, segundo afirman, “converterse nunha iniciativa a través da cal fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas en Galicia ou para os galegos baixo código propio ademáis de destacar e identificar as xa existentes”.
Porén o servizo de videoconferencia non é a única novidade presentada polos responsables de Cabozo; entre as achegas que recolle a nova versión destacan, o servizo de aviso por correo electrónico, os avisos das actualizacións dos “colegas”, o visionado das actualizacións de outros usuarios, actualización en tempo real de todas as aplicacións, reprodutor de mp3 adxunto ás mensaxes, posibilidade de personalizar os taboleiros propios de cada usuario, un Tabomobil que facilita o envío de mensaxes e novas ferramentas que permiten unha maior difusión e visionado das fotos, entre outras cousas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa das Hedras 4 1º G (Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS