Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Bronce para España no ranking de eParticipación das Nacións Unidas

venres 3 de setembro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

Segundo o último informe elaborado polas Nacións Unidas para analizar o nivel de desenvolvemento da eAdministración nos 191 países que conforman este organismo, España vén de experimentar un avance sen igual en materia de eParticipación dende o pasado 2008, quedando no terceiro posto dos 157 países analizados. Nos últimos anos, as tendencias polas que máis apostaron as administracións á hora de potenciar as súas relacións coa cidadanía foron por unha banda a multiplicación das vías de participación e pola outra a proliferanción das redes sociais e os blogs, que permiten un maior achegamento á poboación. Así o recolle o estudo United Nations e-Government Survey, realizado pola UNO coa intención final de coñecer o nivel de desenvolvemento dos indicadores eGoberno e eParticipación nos países membros. Segundo mostra o índice eParticipación, España atópase no terceiro posto, o que supón un ascenso de 31 postos respecto aos datos recompilados en 2008, en un noveno posto respecto ao indicador de desenvolvemento de eGoberno. Este dato, aínda recolle mellor, se cabe, a escalada do noso país en materia de eAdministración xa que comparándoo co recollido no 2008, España atopábase no posto número 20.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS