O novo papel electrónico ten só 0,29 mm de grosorBridgestone desenvolveu no Xapón unha serie de avances en papel electrónico que resultan de grande interese, pois poderían revolucionar o futuro dos medios impresos. Durante a feira FPD International 2007 celebrada en Yokohama amosaron un prototipo de papel electrónico de tamaño A3 (435 x 326 mm) que pode amosar imaxes de ata 4.096 cores cunha resolución de 80 puntos por polgada que utiliza tecnoloxía QR-LPD (pantalla de po líquido de resposta rápida que conta cuns tempos de resposta de 0,2 milisegundos), aínda que o tamaño desta pantalla non é o único no que destacou Bridgestone, senón que a delgadeza do seu papel electrónico tamén é o máis delgado do mundo, con só 0,29 milímetros de grosor. O uso destas tecnoloxía pode ser moi diverso, aínda que para a súa popularización será preciso que melloren a súa definición (deberían superar os 150 dpi para poder terse en conta) e o seu prezo (aínda son excesivamente caros) pero con solucións como as de Bridgestone xa sabemos que o papel electrónico non terá grandes problemas nin coa cor nin co tamaño.