AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Bota a andar (só no Reino Unido) o xogo episódico do Doutor Who

xoves 3 de xuño do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Sumo Digital leva un tempo traballando no desenvolvemento dun videoxogo episódico do Doutor Who, e finalmente está dispoñible para a súa descarga, aínda que sorprendentemente está limitado só a usuarios no Reino Unido, de xeito que a propia aplicación do primeiro capítulo da aventura non pode instalarse en equipos fóra do territorio para o que está deseñado (ou sexa, que de nada serve descargar o xogo de espellos que existen na web), limitación que pretenden manter ata primeiros de xullo, cando o xogo podería pasar a ser de pagamento, mentres que os británicos están xa a gozar do mesmo de balde.
Doctor Who: The Adventure Games comeza co capítulo City of the Daleks, e sitúa a historia en 1963, ano no que materialízase a TARDIS para atopar á humanidade sometida ao control dos Daleks, polo que o Doutor deberá corrixir o tempo e rescatar á última supervivente humana, a súa compañeira Amy Pond.

JPEG - 60 KB
O Doutor e Amy Pond deberán protexer á humanidade dos Daleks
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS