Boogie Board, un revolucionario encerado electrónico
venres 22 de xaneiro do 2010, por |
Nun momento no
que temos a mirada posta en distintos dispositivos para a lectura de libros
electrónicos baseados en tecnoloxÃa E Ink, Improv Electronics sorpréndenos coa
súa Boogie Board, que
vén a ser un encerado dixital persoal, ou sexa, unha pequena pantalla LCD
reflectiva que permite a escritura na mesma mediante a presión (tanto dunha stylus coma dunha unlla) que terÃa
unha vida duns 50.000 ciclos de borrado e practicamente non
consumirÃa enerxÃa (integra unha pila de botón que non deberÃa ter que
cambiarse nunca) e está
á venda nos EE.UU. por 29,97 dólares (22,07 euros) aceptándose tamén
pedidos dende España.
Este dispositivo poderÃa ter usos prácticos destinados á docencia, evitando asÃ
o uso doutras solucións baseadas en xiz ou en tinta, servindo tanto para facer
contas coma para debuxar, podendo borrarse todo o contido con só premer un botón.
Podemos ver a Boogie Board coma unha solución que evita o consumo excesivo de
papel, asà coma un sucesor dos encerados de Velleda co que resulta imposible
luxar a roupa, polo que non serÃa de sorprender que moitos centros educativos
optasen por facerse de dispositivos deste tipo principalmente para pre escolar
ou os primeiros cursos de educación primaria.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com


















