AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Boa acollida do primeiro cómic de Miguelanxo Prado para o iPhone

martes 16 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A chegada á App Store de Apple da primeira entrega da serie de comics Quotidianía Delirante de Miguelanxo Prado adaptada ao iPhone e iPod Touch está a ser todo un éxito, de xeito que actualmente está entre os 10 libros de balde máis descargados dentro desta plataforma, e así o confirman dende Continental Games, compañía moi satisfeita coa recepción desta obra que durante varias semanas estivo nas primeiras posicións en descargas nas súas dúas versións (pois decidiron publicar unha versión da aplicación apta para terminais de Apple que non estean actualizados á última versión do seu firmware).
Esta publicación realízase utilizando un novo formato creado ad hoc e chamado iMotion Comic, que no futuro poderían aproveitar outras obras, aínda que haberá que agardar para ver se as seguintes entregas da obra de Prado gozan do mesmo éxito unha vez que pasen á fórmula de pagamento, sorprendendo bastante que aínda non estean á venda, aproveitando o éxito de Meigas.

JPEG - 126.8 KB
A primeira entrega de Quotidianía Delirante está nas primeiras posicións nos libros de balde na App Store
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS