Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Blusens regala pases para a Moto GP en Facebook

venres 3 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A compañía galega de electrónica de consumo Blusens organizou un concurso na súa páxina de Facebook para que os seus seareiros co gallo do Grande Premio A-Style de Aragón que terá lugar en Alcañiz (Teruel) entre os días 17-19 de setembro. Os seareiros da compañía poderán compor frases con palabras que comecen coas letras que compoñen o nome de Blusens, e as 3 máis votadas poderán optar varios grupos de premios:
- 1º posto: 2 entradas de paddock para toda a fin de semana do Grande Premio e 2 chaquetas do equipo Blusens STX
- 2º posto: 2 polos e 2 camisetas oficiais do equipo Blusens STX e 2 camisetas Blubrain de Blusens
- 3º posto: unha camiseta Blubrain, unha funda para o móbil e unha braga/bufanda Blusens
Con este tipo de iniciativas Blusens busca premiar aos consumidores que optan a seguir á compañía a través de plataformas coma Facebook, que empregan para establecer unha relación directa e regular cos seus seareiros.

JPEG - 103.7 KB
Na tenda outlet que Blusens ten en Compostela podemos comprobar o compromiso da compañía coa Moto GP
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS