BeBook: novo lector de libros electrónicos

martes, 13 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os lectores de libros electrónicos seguen a loitar por entrar no mercado, e agora o último dispositivo que se suma á batalla é o BeBook, un lector baseado en papel electrónico que permite a lectura de documentos PDF, Word, TXT e HTML na súa pantalla de 6 polgadas.
Pode amosar ata 7.000 páxina cunha única carga da súa batería, pesa só 220 gramos, ten 512 Mb de moria interna e un lector de tarxetas SD. Tamén pode empregarse para a reprodución de MP3, ou sexa, que non destaca sobre o resto de lectores que hai no mercado, agás por presentar un prezo de 329,95 euros con gastos de envío incluídos a calquera parte do mundo.
O feito de que se venda globalmente é unha vantaxe para este trebello, pero para que este tipo de lectores se popularicen precisarán tanto dunha rebaixa de prezo como dunha mellora de prestacións, especialmente no tocante á conectividade, pois agás o Kindle de Amazon, o resto carecen de Wi-Fi ou banda larga móbil, polo que se deben usar en conxunción cun ordenador para a carga de contidos, o que é un atranco para moitos usuarios potenciais deste novo xeito de lectura.

PUBLICIDADE