Axóuxere Games relanza o seu segundo videoxogo para Android
venres, 11 de abril do 2014
O estudio
galego de videoxogos Axóuxere Games estreara en
xuño de 2012 o seu segundo xogo, Shuriken
Training, dispoñible de balde para Android, e agora decidiu recuperalo
nunha versión mellorada que responden ao nome de Shuriken
Traing HD, que presenta melloras
no seu motor gráfico, movementos e xogabilidade, converténdose nun xogo máis
divertido e completo grazas á experiencia que foron adquirindo os seus
creadores, Adrián RodrÃguez e Antonio GundÃn (que desta volta contaron coa
colaboración de Jesús Iglesias, Chimo EcheverrÃa e José Antonio González).
A
nova versión do xogo pode descargarse
de balde de Google Play, existindo tamén unha versión
Plus que custa 0,50 euros e que diferénciase
da anterior por carecer de publicidade.
O xogo conta con 100 niveis para superar, 10 shurikens desbloqueables con
distintas caracterÃsticas, múltiples logros a superar... e incluso funcións
sociais, de xeito que podemos retar aos nosos amigos con rankings por fases ou co total de puntos acumulados nos adestramentos
para converterse no mellor ninja da
historia.
Como vén a ser habitual nos tÃtulos de Axóuxere Games, o xogo está dispoñible
en inglés, español e galego.
VÃdeo promocional de Shuriken Training HD