Avid leva a súa solución de edición de vídeo ao iPad
xoves 2 de febreiro do 2012, por |
Á aplicación iMovie
para iPhone/iPod Touch e iPad vén de saírlle un serio competidor, Avid Studio,
aplicación que polo momento só está dispoñible para iPad e que facilita a
edición de vídeo, audio e fotografías dun xeito áxil, para engadirlles efectos,
transicións e banda sonora para unha posterior publicación en YouTube, Facebook
e outros servizos ou, simplemente, para exportalos para a versión de escritorio
de Avid Studio (todo un estándar na edición de vídeo profesional).
Actualmente Avid Studio ten un prezo de 3,99 euros, igual que iMovie, pero incrementarán
o seu prezo de venda dentro dun mes, polo que os interesados en editar
vídeo dende o iPad poden aproveitar a oportunidade para facerse con esta
ferramenta que permite editar vídeos en varias pistas, crear efectos de imaxes
impresionantes, xerar gráficos e títulos en movemento de aspecto profesional e
outras funcións que parecían imposibles nun sistema de edición que se manexa
cos dedos sobre unha pantalla.

- A aplicación é bastante completa se temos en conta que manéxase cos dedos en vez de cun rato
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















