AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Auriculares Plantronics con son 7.1

martes 7 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os usuarios de PC que queiran gozar dunha impresionante experiencia de son envolvente durante os seus xogos poden facerse cos novos auriculares Plantronics GameCom 777, que achegan a tecnoloxía Dolby ProLogic IIx para dar un son envolvente virtual 7.1 recorrendo a unha tarxeta de son USB compatible con PC e Mac. Estes auriculares tamén integran un micrófono telescópico para poder conversar durante as partidas en liña ou tamén para realizar chamadas de VoIP cunha excelente calidade (pois fai uso de tecnoloxía de cancelación de ruído).
O prezo oficial de venda nos EE.UU. é de 109,95 dólares, mentres que en España véndense por 99 euros (aínda que é doado atopalos por menos de 70 euros). Unha excelente opción para gozar de bo son no ordenador sen ter que rodealo de altofalantes.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS