PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

As plataformas móbiles libres Moblin e Maemo poderían fusionarse en MeeGo

martes 16 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 40.5 KB
O LG GW990 podería ser o primeiro terminal en adoptar MeeGo

Intel e Nokia aproveitaron a celebración do Mobile World Congress para anunciar un novo proxecto compartido coa Linux Foundation, co que pretenden mesturar as súas plataformas móbiles abertas Moblin e Maemo, dando pé a MeeGo, un novo Linux para móbiles que contaría co apoio da comunidade de Linux (con máis liberdade que Android, plataforma excesivamente dominada por Google) e levará os seus desenvolvemento a múltiples dispositivos (funcionará con procesadores ARM e Atom, de xeito que serviría para móbiles, netbooks, televisores, etc.).
Pero na feira que tivo lugar en Barcelona quedou claro que MeeGo non é só unha declaración de intencións, e xa anuncian que o LG GW990, que actualmente funciona co sistema operativo Moblin, está a preparar a súa transición a MeeGo, converténdose no primeiro terminal en usar tal plataforma. Falta por saber agora se Nokia fará o mesmo co seu N900, e transformará o seu Maemo en MeeGo (ou deixará tal salto á vindeira xeración de terminais).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS