As plataformas de televisión de pagamento xa non terán as actuais canles privadas terrestres de balde
martes 16 de marzo do 2010, por |
A nova Lei Xeral Audiovisual
vai supor un importante cambio para as plataformas de televisión de pagamento
(por satélite, cable ou ADSL) que actualmente están a incorporar á súa oferta
unha serie de canles privadas que a parires de agora xa non serán forzosas, de xeito que as súas empresas
propietarias poderán solicitar que a
cesión do seu sinal non sexa de balde, o que levará a pechar acordos
coas distintas canles de querer manterse en plataformas coma Digital+ ou R.
A cesión de balde dos sinais das canles privadas dispoñibles a través do sinal
terrestre era unha medida que pretendía fomentar os novos sinais de transporte
(principalmente cable e satélite), pero agora consideran que coa chegada da TDT
a cesión gratuíta de canles non é necesaria, e as televisións privadas poderán
solicitar contraprestacións económicas pola distribución da súa oferta
audiovisual.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















