As librarías británicas Borders venderán un lector de libros electrónicos por 189 libras
mércores 1 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Os lectores de libros
electrónicos poderían comezar este ano a ter algunha repercusión en Europa, e á
espera de que Amazon achegue o seu Kindle ao Vello Continente, a cadea
británica de librarías Borders vén de estrear un espazo para a venda de
e-books na súa páxina web (con 45.000 títulos no seu catálogo) e anuncia
que vai vender un dispositivo de lectura de Elonex (fabricante do que xa venden
equipos informáticos) con 512 Mb de memoria interna con 100 libros clásicos precargados, pesa 180 gramos e inclúe
unha tarxeta SD de 4 Gb e unha funda de pel por 189 libras esterlinas (221
euros) o que pensan que é un prezo atractivo (aínda que habería que lembrar que
o
Sony Reader pode adquirirse no Reino Unido por 179 libras esterlinas).
O director comercial de Borders, Peter Newbould, declarou que «a venda de libros dixitais aínda está na
súa infancia», pero ven este sector coma un mercado de futuro, que podería
axudarlles a captar novos clientes. O novo produto lanzárono por entender que
vender outros dispositivos coma o iLiad a 40 libras non era viable, e así
diríxense a un rango de prezos máis popular, aínda que haberá que agardar unhas
semanas para ver o novo lector nas tendas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














