SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

As empresas galegas agroalimentarias contarán cunha nova plataforma virtual para buscar mercados

mércores 21 de decembro do 2011, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 344.3 KB
Presentación do novo programa celebrada en Lugo da man da Confederación de Empresarios

Esta semana presentouse en Lugo, dan man da Confederación de Empresarios local (CEL) un proxecto para abrir no exterior xanelas e portas, empresariais, a través do emprego das técnicas e tecnoloxías máis innovadoras. Estamos a falar de Lan Pemexport, unha iniciativa especialmente encamiñada a fomentar a actividade internacional das empresas do sector agroaliamentario (produtos transformados) de Galicia e máis do Norte de Portugal a través de novas fórmulas de comercialización e cooperación, entre as que se inclúe unha plataforma virtual de traballo en mancomún.
A xornada desenvolveuse no Hotel Méndez Núñez, este martes 20, e contou coa presenza de máis de trinta profesionais do sector e unha serie de relatores entre os que puidemos atopar a Manuel Egea, da consultora Redflexión, Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza, e Jaime López, secretario xeral da CEL. Este último lembroulles aos presentes que Lan Pemexport é un proxecto innovador promovido pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos e o Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (ANFACO-CECOPESCA). Ademais, conta coa colaboración da CEL, do Centro Tecnolóxico da Carne, o Centro de Inovaçao de Tras-Os-Montes e Alto Douro (CITMAD) e o Business Innovation Centre do Minho (BIC Minho).
Ao xuízo de López, o proxecto xa tivo unha excelente acollida en Lugo na súa primeira fase, a de captación, que rematará ao longo do mes vindeiro. En total, xa amosaron o seu interese en participar no programa un total de 26 empresas do devandito sector. Pola súa parte, Manuel Egea, de Redflexión, falou da parte tecnolóxica do proxecto, unha iniciativa que suporá a posta en xogo de innovadoras fórmulas de internacionalización, entre as que se conta, xa na última fase, unha estrutura compartida para a achega de servizos avanzados de promoción dixital na procura de novos mercados, ao abeiro dunha plataforma virtual que operará como instrumento para a cooperación das empresas e a súa saída ao exterior. A execución do programa, que implicará un investimento de máis de 1,7 millóns de euros, está financiada ao 75% polos fondos FEDER-EU, procedendo a restante porcentaxe de cada un dos organismos colaboradores.
Para quen queira máis información sobre este programa, ten máis datos neste pdf.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS