Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

A Xunta convida a Ineo a participar activamente na elaboración do plan director do sector TIC


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo este 17 de abril unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresas de Tecnoloxía (Ineo), con quen abordou os traballos que a Xunta vén realizando para elaborar o plan director do sector TIC. Na xuntanza, Lorenzana informou de que este plan estivo en fase de consulta pública no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta desde o pasado 18 de marzo ata o 8 de abril para recoller as achegas da cidadanía e das organizacións e entidades vinculadas a este sector.

[ler máis]

A mocidade de Bacharelato do Colexio Peleteiro mergúllase na IA da man do CITIC


Esta mañá o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) asistían ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) para coñecer o labor que alí se leva a cabo así como os Avances e desafíos da Intelixencia Artificial (IA).

[ler máis]

O Servizo de Contratación Administrativa da UDC coñeceu as instalacións do CITIC


Este martes 16 de abril o equipo de Contratación Administrativa da Universidade da Coruña visitou no Campus de Elviña as instalacións do CITIC, o Centro de Investigación TIC da UDC. O grupo tivo ocasión de coñecer as infraestruturas tecnolóxicas que están ao dispor do persoal investigador. A visita comezou na Sala Cloud, onde se realizou unha presentación sobre o funcionamento do CITIC e visualizaron o vídeo corporativo.

[ler máis]

Avelina Valladares centra o novo podcast do ciclo Aquí Faltan Páxinas


A loita de Avelina Valladares por ocupar un espazo propio nas letras protagonizará este xoves no Museo do Moble e da Madeira da Estrada unha nova entrega do ciclo de podcast da Deputación Aquí Faltan Páxinas. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 19 horas e a xornalista estradense Laura Filloy, autora do artigo Avelina Valladares, a muller sen rostro, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta muller pioneira das letras.

[ler máis]

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación para o mes de maio


A Aula CeMIT do Concello de Boiro anunciou novos cursos de formación en novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para o mes de maio. As inscricións para poder participar están abertas e deben formalizarse a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

[ler máis]

O Día das Rapazas nas TIC 2024 vén cunha ruta divulgativa de exploradoras dixitais


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza o Día Internacional das Rapazas nas TIC 2024 (International Girls in ICT Day) co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Secretaría Xeral da Igualdade e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Esta duodécima edición, o evento, destinado a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional, celebrarase o vindeiro xoves, 25 de abril, de 10:45 a 19:00 horas na sede do CESGA e do CiTIUS (Campus Vida de Santiago).

[ler máis]

Melide alcanza os 11.800 inmóbeis con fibra óptica de R


A operadora galega R fixo balance dos seus fitos recentes en materia de telecomunicacións avanzadas en Melide. Segundo fixo saber, o concello coruñés xa dispón de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) en preto de 11.800 fogares e empresas que, en palabras da operadora, “poden gozar dende este momento dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado”.

[ler máis]

A Industriosa acolle este 20 de abril un obradoiro de fabricación de placas PCB


O centro de tecnoloxías colaborativas e abertas A Industriosa, emprazado en Vigo, acolle este sábado 20 de abril unha nova xeira de espírito maker, a partir das 10.00 horas. Trátase dun obradoiro de fabricación de PCBs (placas de circuíto impreso) usando unha CNC (siglas de Computer Numerical Control).

[ler máis]

NBC News denuncia a pasividade de X/Twitter ante os discursos nazis


Dende que Elon Musk adquiriu Twitter non faltaron organizacións que denunciaron a proliferación dos discursos de odio na plataforma social, atopándose incluso con demandas xudiciais por parte de X/Twitter para tentar calar estas voces que provocaban a fuxida de anunciantes que non queren que as súas marcas se asocien a contidos tóxicos, e agora é NBC News quen se enfronta a X denunciando que se está a converter no paraíso para os nazis.

[ler máis]

Impulsa TIC da Deputación de Lugo arrinca na Fonsagrada coa previsión de modernizar 52 concellos


O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este martes 16 de abril un encontro na Casa do Concello da Fonsagrada cos alcaldes da comarca da Montaña para avanzarlles que este mércores 17 arranca a implantación do Impulsa TIC nos 52 concellos que decidiron adherirse a este novo proxecto da institución provincial. Trátase, dixo, “dun programa a través do que a Deputación achegará gratis ferramentas tecnolóxicas ás entidades locais para avanzar na súa transformación dixital, e deste xeito, mellorar a xestión municipal e ofrecer un mellor servizo á cidadanía”.

[ler máis]

WhatsApp incorpora filtros para localizar mellor as conversas


Un importante cambio está a recibir a aplicación de WhatsApp que contribúe á localización de conversas, xa que tan pronto abrimos a aplicación atopamos tres filtros que nos permite elixir se queremos ver todas as mensaxes, as mensaxes que quedan por ler ou as mensaxes que corresponden a grupos, o que en moitos casos facilitará a localización de conversas importantes sen ter que desprazarse ou ter que empregar o buscador integrado na aplicación.

[ler máis]

Nova cámara de 360 graos capaz de gravar en 8K


Dende Insta360 están a revolucionar as súas cámaras de acción de 360 graos coa nova Insta360 X4, que sorprende cun salto de calidade e resolución, de xeito que agora é capaz de gravar vídeo envolvente en 8K a 30 imaxes por segundo, así como vídeo 5,7K a 60 imaxes por segundo ou en 4K a 100 imaxes por segundo.

[ler máis]

Vitae bríndanos en maio a 3ª edición do curso de proxectos con metodoloxía PM2


A consultora galega Vitae organiza este mes de maio a terceira edición do curso Xestión de Proxectos baixo a Metodoloxía PM2 da Comisión Europea. Celebrarase en formato de aula virtual os días 21, 22, 23, 27 e 28 de maio de 2024. Segundo explica Vitae Consultores, o concepto Project Management Methodology (PM2) é un método estruturado de xestión de proxectos asociado a un programa de certificación de profesionais creado polo Centre of Excellence in PM (CoEPM2) da European Commission.

[ler máis]

IKEA presenta unha colección de produtos para gamers


O catálogo de IKEA vai recibir este ano unha interesante colección de produtos deseñados coa vista posta no público que adoita gozar dos videoxogos. A colección BRÄNNBOLL está formada por 20 produtos versátiles que facilitan que os xogadores poidan crear un espazo confortable no que gozar do lecer electrónico.

[ler máis]

A RAGC e GAIN convocan a 9ª edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas


A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, destinado a galardoar unha peza xornalística de carácter científico ou tecnolóxico.

[ler máis]

O presentador de Órbita Laika, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte este venres unha conferencia no Campus de Ferrol


O profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidad de La Rioja e presentador do programa de divulgación científica de La2 de RTVE Órbita Laika, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte, este venres 19 de abril en Ferrol a conferencia Á nosa imaxe e semellanza. Unha viaxe ao cerebro da máquina.

[ler máis]

Empresas TIC e alumnado de Informática da UDC teñen unha cita a partir do día 23 na feira FePEfic


Os vindeiros 23, 24 e 25 de abril celebrarase na Facultade de Informática (FIC) da UDC a Feira de Prácticas e de Emprego (FePEfic). Trátase dunha cita organizada pola FIC da Universidade da Coruña, na que colaboran a súa Fundación e o CITIC. Este evento está dirixido a compañías do sector TIC e a alumnado de grao e mestrado da FIC interesado en realizar prácticas en empresas ou en introducirse no mundo laboral. A entrega do IX Premio ao mellor traballo fin de grao aplicado da FIC pechará estas xornadas, nas que participan este ano 26 empresas TIC.

[ler máis]

A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas afonda coas familias dos riscos na Rede


A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas vai acoller esta semana unha nova charla do programa Navega con Rumbo da Consellería de Educación e Cultura e do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

[ler máis]

O CITIC achega tecnoloxías para mellorar as respostas fronte a grandes desastres (proxecto ATEMPO)


O CITIC, o Centro de Investigacións TIC da UDC, compartiu en Madrid a súa experiencia co traballo realizado en materia de Intelixencia Artificial no proxecto ATEMPO. No proxecto, que conta con socios de España e do Norte de Portugal, participa o CITIC como socio tecnolóxico, profundando na aplicación da IA nas emerxencias transfronteirizas.

[ler máis]

Adobe reforzará o uso da IA xenerativa na edición de vídeo


Tras unha grande integración da intelixencia artificial xenerativa en Photoshop, Adobe prepárase para facer o mesmo co vídeo en Premiere Pro, e adianta algúns dos avances que implementará este mesmo ano, revolucionando os fluxos de traballo en edición de vídeo.

[ler máis]


· A Xunta convida a Ineo a participar activamente na elaboración do plan director do sector TIC

· A mocidade de Bacharelato do Colexio Peleteiro mergúllase na IA da man do CITIC

· O Servizo de Contratación Administrativa da UDC coñeceu as instalacións do CITIC

· Avelina Valladares centra o novo podcast do ciclo Aquí Faltan Páxinas

· A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación para o mes de maio

· O Día das Rapazas nas TIC 2024 vén cunha ruta divulgativa de exploradoras dixitais

· Melide alcanza os 11.800 inmóbeis con fibra óptica de R

· A Industriosa acolle este 20 de abril un obradoiro de fabricación de placas PCB

· NBC News denuncia a pasividade de X/Twitter ante os discursos nazis

· Impulsa TIC da Deputación de Lugo arrinca na Fonsagrada coa previsión de modernizar 52 concellos

· WhatsApp incorpora filtros para localizar mellor as conversas

· Nova cámara de 360 graos capaz de gravar en 8K

· Vitae bríndanos en maio a 3ª edición do curso de proxectos con metodoloxía PM2

· IKEA presenta unha colección de produtos para gamers

· A RAGC e GAIN convocan a 9ª edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

· O presentador de Órbita Laika, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte este venres unha conferencia no Campus de Ferrol

· Empresas TIC e alumnado de Informática da UDC teñen unha cita a partir do día 23 na feira FePEfic

· A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea de Ponteareas afonda coas familias dos riscos na Rede

· O CITIC achega tecnoloxías para mellorar as respostas fronte a grandes desastres (proxecto ATEMPO)

· Adobe reforzará o uso da IA xenerativa na edición de vídeo

· RØDE potencia o uso do iPhone como cámara de vídeo

· Samsung recupera a posición líder na venda de móbiles

· A partir do 26 poderemos descargar os Bonos Activa Comercio, dotados con 2,5 millóns

· Vigo pechará a 7ª edición de Venture on the Road de BStartup de Banco Sabadell, SeedRocket e Wayra

· O equipo da USC gaña o concurso de programación universitaria AdaByron Galicia 2024

· O equipo Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela gaña a III Olimpíada Robótica

· O curso de creación de novas con móbiles celebrarase os días 29 e 30 de abril na USC

· Investigadores de atlanTTic participan no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para satélites

· A ciberseguridade e a programación con Arduino centran dous novos obradoiros de SmartPEME

· O centro atlanTTic pon en marcha un ciclo de almorzos arredor da tecnoloxía: A cup of TTic