Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O navegador web de Google, Chrome, leva dende 2008
mellorando o xeito de moverse pola web dende o ordenador, e agora levan a
experiencia a dispositivos móbiles estreando
Chrome para Android en Beta, o que permite que os smartphones e tablets con Android 4.0 poidan gozar deste potente e
rápido navegador web. Estamos ante un navegador que presume de velocidade, de
simplicidade e de moitas outras funcións como a sincronización entre
dispositivos, o que permite acceder ás fichas abertas no PC dende o móbil,
obter suxestións máis intelixentes no móbil (o navegador web móbil incluirá nas
súas suxestións de enderezos web os que introducimos dende o ordenador de
escritorio), facilita o enviar páxinas ao terminal móbil con facilidade e tamén
conta con sincronización de marcadores (para poder consultar dende calquera
equipo/dispositivo as nosas páxinas web favoritas).

Microsoft e LucasArts veñen de confirmar que o xogo Kinect Star Wars e o pack Xbox 360
Edición Limitada Kinect Star Wars chegarán
ao mercado español o vindeiro 3 de abril, polo que estes produtos que non
puideron chegar a tempo para o Nadal teñen agora a oportunidade de satisfacer
aos moitos seareiros da saga de George Lucas que está a volver ás salas
cinematográficas adaptada ás 3 dimensións.

España convocou hoxe no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela aos responsables das empresas galegas máis destacadas do sector tecnolóxico, onde participaron activamente na xornada TIC e Social Media: claves para a competitividade.
O encontro tiña como obxectivo afondar en como as TIC e os social media están a contribuír á mellora da competitividade das nosas empresas e doulle cita, entre outras personalidades, ó presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Marcelino Otero, e á secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Mar Pereira, encargada de inaugurar o evento.
A web PortalProgramas.com, que permite a descarga de todo tipo de aplicacións informáticas de xeito doado e rápido, leva anos apostando polo software libre como mellor ferramenta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios ao menor prezo ou mesmo de balde, e pon á súa disposición un amplo abano de produtos de altas prestacións tanto en código privativo como aberto.
Porén tal é o éxito desta última categoría de software que a web convocou un peculiar concurso co que renderlle homenaxe, e baixo o lema “é o momento do software libre”, permitiu que os seus usuarios escolleran os programas libres que máis contribuíron ao avance tecnolóxico do pasado ano para premiar aos máis votados.
O software libre está de moda e non só o dicimos nós, tamén o din os milleiros de entidades que apostan polo seu uso e promoción entre persoal e distribuidores, as empresas TIC dedicadas ao seu desenvolvemento en todo o mundo, os informes anuais que confirman o incremento do seu uso cada vez en máis sectores, as enquisas a usuarios que demostran a súa confianza nel... todos eles son indicativos do bo estado de saúde dun sector que está en auxe e que xa usan 3 de cada 4 usuarios de programas informáticos en todo o mundo (segundo datos do último informe de PortalProgramas.com sobre a Valoración do software libre na Sociedade 2011).

Investir en redes e
coñecemento é investir en todas aquelas cousas que nos poden axudar
a sermos máis produtivos, sustentábeis e, polo tanto, a saír canto
antes da focha económica. Esta é unha das grandes conclusións ás
que se chegou este martes en Santiago, na
cita convocada por Telefónica no Hostal dos Reis Católicos,
unha xuntanza con profesionais galegos das TIC para falar de cadansúa
experiencia empresarial de éxito no mercado, desenvolvida baixo o
seguinte epígrafe: TIC e redes sociais,
claves para a competitividade. O
evento, inserido nun programa itinerante que inclúe as principais
cidades de España, serviulle a Telefónica para amosar o que vai ser
o día de mañá para as empresas e os cidadáns. Un día de mañá,
informou a operadora, no que máis que estarmos nas redes, viviremos
nelas.

Hoxe celébrase en máis de 70 países de todo o mundo o Día Internacional da Internet Segura, unha xornada destinada a promover o uso responsable da Rede entre os mozos e mozas da casa e que este ano leva por lema “conectando xeracións”.
Xa que logo, nesta edición as actividades van encamiñadas a promover o diálogo e o traballo entre distintas xeracións de internautas, facendo especial fincapé nas relacións en liña que xorden entre pais e fillos, e profesores e alumnos.

Pasar lista nas aulas ao modo tradicional xa non se leva; dio o Plan de Estudios de Bolonia e tamén o di Samsung Electronics España, que vén de asinar un acordo de colaboración coa Escola Superior de Enxeñaría e Arquitectura da Universidade Pontificia de Salamanca no seu campus de Madrid, para o desenvolvemento dunha aplicación que facilitará o control da presenza nas aulas a través do móbil.
Neste proxecto de I+D+i, que dirixe o profesor Sergio Ríos, empregaranse móbiles Bada 2.0 e Android de Samsung, provistos con tecnoloxía NFC (Near Field Communication) que permite establecer unha comunicación sen fíos entre dispositivos próximos e compartir diferentes datos e información entre eles.

Para levar a resolución das fotografías ao máximo nivel sen deixar
prestacións multimedia polo camiño chega a nova cámara Nikon D800
HD-SLR, que conta cun sensor CMOS de 36,3 Mpíxeles, un sistema de enfoque
automático baseado en 51 puntos, un formato bastante compacto e lixeiro, e a
posibilidade de gravar vídeo a 1.080p (incluso con control manual) e amosar os
seus resultados a través de HDMI.

Igual que para manexar os nosos vehículos temos que sacar un carné de conducir que nos acredite como persoas aptas para facelo, na actualidade existe unha acreditación internacional europea que outorga o recoñecemento de posuír unha formación básica e completa en informática a nivel de usuario, que cinco persoas do Concello de Brión acaban de obter a través do Telecentro da vila.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, ten preparadas para esta mesma tarde dúas actividades relacionadas co sector das novas tecnoloxías aplicadas ao audiovisual, que se levarán a cabo en Santiago de Compostela e Pontevedra.
A primeira delas, a celebrar na capital galega, é unha master class sobre marketing audiovisual impartida pola canadense Félize Frappier, que dará comezo a partir das 18:00 horas na aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia, e que leva por nome, Audiovisual Marketing and International Sales.

O popular xogo Age of Empires Online
prepárase para unha actualización, de xeito que tras a chegada dos persas a
este xogo de estratexia en tempo real que botou a andar o pasado verán facendo
uso da plataforma Games for Windows, prepárase
a chegada dos celtas a este título de Gas Powered Games que para atraer a
novos usuarios permite gozar de máis de 40 horas de xogo de balde, incluíndo
civilizacións como a grega e a exipcia, aínda que é preciso pagar polas súas distintas
ampliacións.

O móbil Nokia Lumia 800
foi chegando ao noso mercado en distintas cores ata a súa gama cromática
inicial (negro, azul e rosa), o que resultaba evidente que só sería o comezo,
confirmándose agora que a finais de mes no mercado europeo teremos
unha versión coa carcasa en cor branca. O terminal coincide en prezo (uns
499 euros libro) e prestacións co resto de Lumia 800, buscando simplemente
ofrecer un maior abano de cores aos seus compradores, para que adquiran o móbil
que máis se axuste aos seus gustos estéticos.

Nun momento no que o formato de evento que supoñen as
feiras, baseadas na presenza física nun recinto no que amosar novidades, parece
estar en pleno declive, pode sorprender que a
10ª edición do Taipei Game Show superase os 300.000 visitantes e conseguise
atraer a compañías de fóra de Taiwan, o que reflectiría que aínda hai espazo
para máis de 3 grandes feiras internacionais e a boa saúde do sector do lecer
electrónico.

A empresa galega Ozona, centrada na creación e na implantación de iniciativas de virtualización e computación na nube, vén de ampliar os seus servizos de soporte a plataformas en liña co fin de mellorar a calidade do seu servizo SAC, centrado na atención aos clientes. As melloras, que tamén se encamiñan, polo tanto, a aumentar o nivel satisfacción, inclúen entre outras cousas unha ampliación do horario de cobertura con opcións de 12x5, 12x6 e 24x7, e máis a posta en funcionamento dun servizo de monitorización remota que lle permita ao equipo de soporte de Ozona localizar posíbeis problemas antes mesmo de que sexan reflectidos polo cliente.
O vindeiro 15 de febreiro terá lugar en Madrid unha nova edición da Xornada Política2.cero, na que destacados especialistas do marketing en liña, redes sociais e consultaría política reuniranse de novo para analizar as tendencias e o futuro deste sector ligado xa inevitablemente ás novas tecnoloxías.
Este evento, que ten raizame galega ao ter celebrado a súa primeira edición en Santiago de Compostela, chega a Madrid con novas ideas e seccións, entre as que destaca a chamada sección P360, destinada á posta en valor de novos talentos e emprendedores, que chama á participación de todas aquelas persoas interesadas no marketing político e na comunicación en liña.

Tras a xuntanza da Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e
a Fiscalía Superior de Galicia presidida polo fiscal superior de Galicia,
Carlos Varela, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza, Alfonso Rueda, para facer balance do Plan Senda de modernización da
Xustiza, deron conta de que o investimento que está a levar a cabo o Goberno
galego neste eido permitiu
que na actualidade só o 15% dos equipos informáticos dos xulgados galegos teña
máis de 5 anos, cando en 2009 tal porcentaxe era do 37%.
Cando queremos conectar á nosa rede Wi-Fi doméstica certos
dispositivos como as primeiras consolas Xbox 360, moitos televisores
conectados, reprodutores de Blu-ray ou reprodutores multimedia atopamos que
pese a contar con portos Ethernet, carecen de conectividade sen fíos, de aí que
xurdan os dispositivos tipo bridge
coma o Linksys
WES610N, que Cisco está a comercializar en España, e que vén a ser o
sucesor do WET610N, do que se diferenza principalmente por contar con 4 portos
Ethernet en vez de 1, o que facilita a conexión de múltiples dispositivos
(pensando especialmente nos salóns domésticos) ou en despachos afastados do
router conectado á Rede.

Este martes 7 de febreiro celébrase unha xornada que nos toca de preto, o Día Internacional da Internet Segura, un evento multitudinario que se dirixe, como o seu propio nome indica, a fomentar unha Rede útil e da que podamos fiarnos tanto como se poda e, tamén, a estarmos preparados para cando non se poda. E todo atendendo a unha parte da nosa poboación en especial: a dos menores de idade. A celebración, que se desenvolve baixo o epígrafe Internet é algo máis que un xogo, é a túa vida, inclúe entre outras cousas un congreso que se presenta como a columna vertebral das actividades, dende Madrid, e unha manchea de accións de sensibilización a desenvolver dende tódolos recantos da xeografía española e de máis alá.

Teimas e Enxendra, dúas empresas galegas integradas na asociación EGANET, veñen de unir forzas para facer máis doado, a través das novas tecnoloxías de xestión, o día a día das nosas empresas, principalmente o que ten que ver cunha das súas actividades fundamentais: a emisión de facturas. A iniciativa, froito dunha alianza tecnolóxica que complementa as opcións do software Teixo, vai dirixida, coma este programa, a firmas do sector da xestión de refugallos. En definitiva, a empresas que teñan participación no ciclo de produción, recollida, transporte e xestión de residuos.
· Chrome estréase en dispositivos con Android 4.0
· A Xbox 360 permitirá revivir a saga de Star Wars
· Mar Pereira destaca o eComercio como canle para revalorizar as PEME galegas
· Entregados os premios aos mellores programas de software libre do 2011
· Zaragoza confíalle a Tegnix a formación dos seus técnicos en materia de software libre
· Telefónica anima ás empresas galegas a tirar o máximo partido das redes e da nube
· Hoxe celébrase o Día Internacional da Internet Segura
· Samsung aproveita a tecnoloxía NFC para controlar a asistencia á clase do alumnado
· A Nikon D800 HD-SLR contará cun sensor de 36,3 Mpíxeles
· Brión acredita internacionalmente os coñecementos de informática de 5 usuarios
· Tarde audiovisual en Compostela e Pontevedra
· Os celtas chegarán en breve a Age of Empires Online
· O Nokia Lumia 800 terá versión en branco
· Taipei conseguiu dar carácter internacional á súa feira de videoxogos
· Ozona anuncia melloras no seu servizo de soporte para proxectos de virtualización
· Política2.cero premiará cun máster á mellor presentación dun proxecto de comunicación en liña
· Os xulgados galegos renovaron a meirande parte dos seus equipos informáticos
· Un novo bridge facilita a conexión de ata 4 dispositivos á nosa rede Wi-Fi
· Múltiples entidades e empresas celebran este martes o Día da Internet Segura
· Teimas e Enxendra achegan a e-factura ao sector da xestión de refugallos
· A oitava edición do Play-Doc de Tui comeza a facer ruído nas redes
· BTjunkie bota o peche de xeito voluntario
· Educación activa a 3ª versión do espazoAbalar con novas funcionalidades e servizos
· En marcha Piratas de Galicia para loitar a prol da liberdade na Internet
· Nace Cuestio.com, unha rede social con selo galego específica para empresas
· Os Simpson recuperan o seu xogo de recreativas nas consolas de alta definición
· O lanzamento do XaTcobeo simboliza a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións
· O Samsung Galaxy S Advance chegará ao mercado a finais de mes
· A cadea de tendas GAME parece estar en apuros económicos
· Rapaces de Oleiros e Vigo entran en contacto coas tecnoloxías de mínimo impacto ambiental