Apple lanza ofertas de emprego para abrir tendas propias en España
martes 9 de febreiro do 2010, por |
Non contentos coas preto de 300
tendas que teñen espalladas por 10 países de todo o mundo, os directivos da
multinacional tecnolóxica Apple, para alegría de todos nos, veñen de anunciar
que teñen intención de abrir en España
as súas primeiras tendas propias, que está previsto que se instalen en
Madrid e Barcelona, aínda que non é seguro ao cen por cen xa que a única pista
que nos leva a estas cidades é que será nelas onde se fagan as entrevistas de
traballo.
E como todo negocio precisa de
persoal que o atenda, a compañía colgou a pasada semana na súa web unha oferta
de emprego para cubrir os distintos perfís profesionais que precisan as
Apple Retail Store, é dicir, as populares tendas da compañía da mazá.
Logo de varios meses (para algúns
demasiados) de especulación e incerteza, a empresa de Steve Jobs vén de iniciar
o proceso de selección de profesionais para cubrir os distintos postos que
requiren as novas tendas no noso país, porén non se sabe con certeza a
ubicación exacta das mesmas.
As Apple Retail Stores, que
presumen de ser “algo máis que tendas”,
comercializan todos os dispositivos, accesorios e software da compañía de Jobs
e é posible que coincidan a súa estrea en España coa chegada do tablet iPad ao
noso país.
Os postos que a compañía precisa
cubrir nun primeiro momento van dende Asesor
de empresas ata Especialista de
inventarios, pasando por Asistente do
Store Manager e Creativo.
Asemade, os responsables do proxecto inclúen para as tendas de España un posto
que non hai nas Apple Shops actuais, que é o de Genius.
En total, barállase unha cifra de
50 postos de emprego que Apple precisa cubrir para a apertura das súas tendas
en España.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















