Apple denuncia a unha empresa que vende ordenadores Mac clónicos

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Psystar comercializaba ordenadores persoais económicos con Mac OS X preinstaladoO feito de que unha empresa norteamericana se dedicase a vender ordenadores clónicos dos de Apple a un prezo moi inferior non parece gustar á empresa de Cupertino, que finalmente iniciou accións legais contra Psystar por infrinxir a licenzas de uso, marcas rexistradas e copyright, polo que a pequena empresa que vendía ordenadores PC preparados para funcionar con Mac OS X podería ter os seus días contados.
Lembremos que Psystar facía moito máis que empregar tácticas populares para instalar Mac OS X nun PC (que pasaría a coñecerse coma Hackintosh) senón que facían modificacións profundas no sistema para que incluso as actualizacións de software funcionasen a través dun servidor controlado pola empresa para evitar que os seus equipos tivesen problemas de compatibilidade no futuro. Precisamente todo este mecanismo é o que podería supor o principal problema para Psystar, pois a infracción da licenza de uso de Mac OS X podería incluso desestimarse (pois tal licenza podería violar a lei anti-monopolio estadounidense), pero iso non xustificaría o resto de ilegalidades emprendidas cun claro ánimo de lucro.

PUBLICIDADE