Apalabrados chega mañá a BlackBerry 10
mércores, 6 de marzo do 2013
Atendendo ás peticións dos usuarios da nova plataforma móbil
de BlackBerry, Etermax adaptou o seu célebre xogo Apalabrados para terminais BlackBerry 10,
que estrearase mañá mesmo, permitindo que os usuarios de smartphones como o
BlackBerry Z10 poidan gozar deste popular xogo multiplataforma de balde,
incluÃndo todas as prestacións das que xa gozan os usuarios de iOS e Android:
un perfil de usuario con estatÃsticas propias e dos opoñentes, opcións para
compartir as xogadas, acceso á listaxe de partidas, funcionalidade de toque e incluso a posibilidade de deixar
pezas no taboleiro antes da nosa quenda (para ir adiantando a xogada.
O xogo, que onte
actualizou a súa versión para Android (para corrixir erros), permite xogar
en 12 idiomas distintos, entre os que figuran o español, o catalán e o éuscaro,
estando previsto que este mesmo mes incorpore o galego, tal e como aseguraran dende
Etermax o pasado verán.
- Apalabrados chega a BlackBerry 10 coas mesmas prestacións que as súas versións para iOS e Android
ACTUALIZACIÓN (7-3-2013): A aplicación de Apalabrados para BlackBerry 10 xa está dispoñible en BlackBerry World.