Anuncian os xogos que PlayStation Plus ofrecerá en xullo

xoves, 30 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Non só Microsoft levantou o pé do acelerador cos seus Games with Gold, senón que Sony tamén fai o mesmo cos xogos que ofrece en PlayStation Plus durante o mes de xullo, que estarán dispoñibles a partires do 5 de xullo, e son bastante discretos, especialmente no caso da PlayStation 4, que recibirá Saints Row: Gat Out of Hell (que podería considerarse case como unha expansión de Saints Row IV, e pode considerarse un auténtico descoñecido pese levar ano e medio á venda) e Furi (un hack and slash independnete que estréase directamente a través de PS Plus).
Para PlayStation 3 os xogos que se recibirán en xullo resultan bastante máis recoñecibles, xa que trátase de Fat Princess e Call of Juarez: Bound in Blood, xogos que aínda que teñen os seus anos enriba, son garantía de diversión (de feito, o título da saga de Call of Juarez está dentro da colección de Essentials para PS3).
No caso da PS Vita parece que PlayStation Plus é case o único xeito de facerse con xogos para esta plataforma (para a que non se presentou ningunha novidade durante a última conferencia de Sony, dando por feito que estamos ante un sistema morto), e os títulos que chegarán en xullo serán Prince of Persia: Revelations e Oreshika: Tainted Bloodlines (xogo de rol publicado o ano pasado).

Vídeo no que amosan os xogos que incluirá PlayStation Plus en xullo

PUBLICIDADE