
Pero a cousa non remata aí, e a poucas horas do anuncio oficial de Capcom sabemos que o poderoso Thor (personaxe da mitoloxía nórdica do que está a gravarse película e do que SEGA tamén fará videoxogo) e Amaterasu (o lobo protagonista do videoxogo Ōkami) tamén aparecerán en Marvel vs Capcom 3, pois apareceron en varias imaxes da páxina web de Marvel, o que é o máis semellante a unha confirmación que temos ata o momento, e que vén a confirmar unha listaxe de personaxes filtrada que sería coma segue: – Personaxes de Marvel: Spider-Man, Hulk, Lobezno, Reed Richards, o Capitán América, Iron Man, Máquina de Guerra, Elektra, Thor, X-23, Magneto, Dr. Doom, Shuma-Gorath, Emma Frost, Masacre, o Super Skrull, o Supervisor, Juggernaut e Hulka – Personaxes de Capcom: Ryu, Mike Haggar, Frank West, Chuck, Spencer (de Bionic Commando), Dante, Chris Redfield, Morrigan, Arthur, Amaterasu, Albert Wesker, Zero, Chun-Li, Viewtiful Joe, Trish, Tron Bonne, Hsien-Ko, Akuma e Felicia


| Vídeo de presentación dos 4 novos personaxes anunciados por Capcom |

