Anuncian as canles televisivas de Imagenio que estarán dispoñibles a través da Xbox 360
mércores 30 de novembro do 2011, por |
Está
previsto que o vindeiro martes a Xbox 360 actualice a súa interface de uso,
para mellorar o seu control, actualizar a súa estética e incorporar o acceso a
distintos servizos de televisión, de aí que hoxe, na Flagship Store de
Telefónica en Madrid, a presidenta de Microsoft Ibérica, María Garaña, e o
presidente de Telefónica España, Luis Miguel Gilpérez, presentaron
o resultado de fusionar as tecnoloxías de Kinect e Movistar Imagenio,
permitindo que os usuarios de Xbox 360 poidan gozar de 12 canles de televisión
na súa consola, podendo moverse entre os mesmos con xestos e ordes de voz.
O acordo entre Movistar Imagenio e Microsoft permitirá que inicialmente os
usuarios Gold españois de Xbox LIVE poidan acceder de balde durante 3 meses a
Gol Televisión, Eurosport, Eurosport 2, Xtreme Sports, ESPN, Iberalia, Marca
TV, Teledeporte, La 1, Canal 24h, MTV España e Canal Promocional dende a súa
consola de videoxogos, canles que máis adiante precisarán dunha subscrición
adicional.

- María Garaña e Luis Miguel Gilpérez foron os encargados de presentar a nova solución audiovisual de Microsoft e Movistar
Durante o evento de presentación, Luis Miguel Gilpérez asegurou que “con esta iniciativa innovadora, trasladamos
o noso servizo de televisión ao contorno máis novo, nunha experiencia pioneira
que xunta a mellor televisión de pagamento cunha das referencias do mercado
mundial no lecer dixital. Os nosos clientes de banda larga poderán gozar así
dos mellores contidos cunha experiencia de uso excepcional a través da súa Xbox
360, posicionando a Telefónica como líder da televisión do futuro”.
Podemos facernos unha idea do que achegará esta nova plataforma de acceso aos
contidos televisivos no seguinte vídeo:
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















