Amazon podería lanzar un servizo de televisión por Internet
mércores 1 de setembro do 2010, por |
Segundo
publica o The Wall Street Journal, a tenda virtual Amazon está a traballar
na creación
dun servizo de televisión por subscrición baseado na Internet que ofrecerá
acceso ilimitado a algunhas películas e programas, e que podería contar con
contidos de NBC Universal, Time Warner e Viacom.
Non podemos esquecer que Amazon xa contaba cun servizo de aluguer de películas
a través da Rede chamado Unbox e posteriormente relanzado coma
Amazon Video on Demand a finais de 2008, polo que a compañía non é novata
neste sector, e levou os seus servizos a algúns sistemas integrados (coma
certos televisores de alta gama), polo que poderían estar nunha boa posición
para dar un paso adiante, nun momento no que tanto Google coma Apple queren
apostar con forza por tal mercado.
ACTUALIZACIÓN: Amazon vén de incorporar ao seu catálogo de Amazon Video on Demand episodios de series de televisión de ABC e a Fox por 0,99 dólares cada un.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















