Amazon lanza finalmente a súa tarifa plana de e-books nos EE.UU.

venres, 18 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Despois de que Gigaom desvelase que Amazon estaba a preparar unha tarifa plana de libros electrónicos, era cuestión de tempo que vese a luz o servizo, e xa temos aquí Kindle Unlimited, unha oferta limitada polo momento aos EE.UU. e que inclúe a máis de 600.000 libros electrónicos e milleiros de audiolibros que poden gozarse sen límite por 9,99 dólares ao mes, o que pode resultar altamente atractivo para os lectores máis voraces.
Aínda que non estamos ante un catálogo no que destaquen as novidades, a oferta é moi ampla, con grandes sagas como Los Juegos del Hambre, O Señor dos Aneis e os libros de Harry Potter, coa grande vantaxe de que están accesibles dende os moitos dispositivos aos que Amazon achega os seus libros electrónicos, ou sexa, que non só poden consumirse dende lectores Kindle, senón tamén dende a aplicación de Kindle para ordenadores, tablets e smartphones.
O servizo Kindle Unlimited inclúe 3 meses de subscrición a Audible, o que permite acceder ao ditado de máis de 150.000 obras, aínda que este servizo será de pagamento tras a promoción (destacando por non limitarse só ao catálogo de Kindle Unlimited, senón que tamén inclúe numerosos bsest sellers e novos lanzamentos).


Vídeo de presentación de Kindle Unlimited

PUBLICIDADE