Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Acordan que os móbiles europeos recárguense por micro-USB

luns 29 de xuño do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Nokia, Sony Ericsson, Motorola, Apple, LG, NEC, Qualcomm, Research In Motion, Samsung e Texas Instrument chegaron a un acordo para harmonizar na Unión Europea os cargadores dos teléfonos móbiles, o que pretende ser unha vantaxe tanto para os usuarios como para o medio ambiente (ao conservarse o vello cargador ao cambiar de móbil, reduciríanse os refugallos electrónicos), de xeito que para o ano que vén implantarase coma sistema de carga estándar que presumiblemente será o micro-USB (conexión promovida por varias asociacións de telecomunicacións para este fin).
A Comisión Europea instara aos fabricantes a adoptar un sistema de carga único, e finalmente os fabricantes que colocan o 90% dos terminais no noso mercado chegaron a un acordo que dará lugar a unha norma comunitaria.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS