AT&T acorda a compra de Time Warner
luns, 24 de outubro do 2016
Cada vez existe unha maior ligazón entre as compañÃas de
telecomunicacións e de contidos, en boa medida porque a canle de distribución
audiovisual é cada vez máis dependente das redes informáticas en vez das
plataformas audiovisuais tradicionais, á vez que tamén proliferan as ofertas
combinadas que ligan telefonÃa, acceso á Rede e servizos de televisión, de aÃ
que pareza natural o anuncio de que AT&T chegou
a un acordo para adquirir Time Warner nunha operación valorada nuns 85.400
millóns de dólares en efectivo en accións (cun valor total da operación de
108.700 millóns de dólares, xa que AT&T farÃase cargo da débeda de Time
Warner).
Este acordo incluirÃa o inmenso catálogo de contidos de Time Warner e as súas
diferentes plataformas audiovisuais, entre as que destacan o servizo de
televisión de pagamento HBO e as plataformas de streaming (HBO Now e HBO Go). Outro dos piares da compañÃa serÃa
Warner Bros. Entertainment, unha grande compañÃa que produce filmes, series de
televisión e videoxogos, asà como tamén posúe DC Comics (que actualmente están
a xerar bastante negocio en cine e televisión).
Este ambicioso acordo está previsto que poida pecharse antes do remate de 2017,
aÃnda que non será doado ante o tamaño de ambos conglomerados e a vixilancia
dos organismos reguladores por mor do xigantesco volume desta operación que
poderÃa ter repercusións a nivel de competencia.