AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

AETIC leva ata Compostela o seu manifesto, A solución é TIC

xoves 2 de xullo do 2009, por Raquel Noya | | Compartir | |

JPEG - 58 KB
Rafael Valcarce Baiget, presidente do Consello Territorial de AETIC en Galicia e vicepresidente de Ineo

O Consello Territorial de AETIC, a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España, vén de anunciar que o vindeiro martes, día 7 de xullo, vai celebrar o acto de presentación do manifesto A solución é dixital, ao que están convidados, entre outros, o presidente de AETIC, Jesús Banegas Núñez e o presidente do Consello Territorial de AETIC en Galicia e vicepresidente de Ineo, Rafael Valcarce Baiget.
Á xornada, que terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela, tamén asistirá a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López así como o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mª del Mar Pereira Álvarez.
O acto dará comezo ás 12 horas, coa intervención da directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, quen lle dará a benvida aos asistentes.
Posteriormente, e logo das intervencións de Rafael Valcarce, Jesús Banegas e Ricardo Capilla, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mª del Mar Pereira, en representación do presidente da Xunta, desenvolverá o relatorio, Medidas adoptadas na Xunta de Galicia para o impulso e desenvolvemento do sector eTIC.
A finalización do acto está prevista para as 13:15 horas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS