A vindeira LaconNetwork celebrarase o 5 de setembro

mércores, 27 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Aínda que a LaconNetwork, encontro gastronómico de emprendedores e profesionais do sector TIC galego, celébrese habitualmente o último venres de cada mes, non terá lugar o vindeiro día 29, senón que adía a súa celebración ao venres 5 de setembro, para axustarse mellor á axenda dos participantes, que xuntaranse desta volta en Aldea Nova (Ames) para degustar leitón ao espeto como en anteriores ocasións.
Esta xantar está organizado pola empresa compostelá Primate en colaboración co encontro Smart Cities & Communities, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo os días 25 e 26 de novembro. Os interesados en acudir a esta cita tecnolóxico-gastronómica deben inscribirse e pagar 20 euros para sufragar o xantar.

PUBLICIDADE