A transformación social de iTunes comeza con forza pero mal pé
luns 6 de setembro do 2010, por |
Durante a presentación musical de Apple da semana pasada
Steve Jobs presentou un novo servizo
chamado Ping que integraba elementos de redes sociais á aplicación de
reprodución multimedia iTunes 10, o que aparentemente está a ser un éxito xa
que nas
súas primeiras 48 horas rexistrou máis dun millón de usuarios, o que serían
aproximadamente 1 de cada 3 usuarios da nova versión de iTunes.
Pero esta nova plataforma social que busca mesturar Twitter e Facebook coa
música para competir con Spotify e Last.fm (entre outros servizos) naceu coxa,
e a última hora eliminaron de Ping a posibilidade de conectar con Facebook (coma
fai Spotify) facilitando a incorporación de amigos a esta plataforma, o que
parece vir provocado por excesivas
esixencias por parte de Facebook para tal integración.
Ping tamén ten outros problemas polo feito de que xa
está a ser vítima do spam, polo
momento só os artistas poden publicar mensaxes para que sigan os seus seareiros
(cando os comentarios do público poderían ser moi interesantes), o sistema está
sometido a un control excesivo (ata o avatar de cada usuario precisa da
aprobación de Apple) e polo momento Ping non está accesible vía web.
Haberá que agardar para ver a evolución desta plataforma con moito potencial,
pero que podería fracasar se Apple non flexibiliza o seu uso.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















