Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A secretaria xeral de Modernización destaca o papel das telecomunicacións na modernización de Galicia

venres 3 de setembro do 2010, por Redacción | | Compartir | |

Durante a celebración hoxe en Santiago da XV Noite Galega das Telecomunicacións, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou a relevancia das infraestruturas de telecomunicacións como un dos motores principais para a modernización de Galicia, animando tamén aos profesionais do sector a seguir traballando polo progreso da Comunidade no ámbito da Sociedade da Información.
A responsable de novas tecnoloxías da Xunta indicou que Galicia atópase inmersa nun proceso de desenvolvemento no eido das telecomunicacións que o Goberno galego está a impulsar a través do Plan de Banda Larga 2010-2013 para universalizar o acceso a Internet de toda a sociedade galega.
Así, Mar Pereira fixo referencia aos avances acadados desde o lanzamento do Plan o pasado mes de febreiro, como o investimento nunha rede troncal de fibra de case 1.900 quilómetros, unha potente rede de telecomunicacións coa tecnoloxía máis avanzada en canto á capacidade de crecemento, calidade, posibilidades de evolución e maior velocidade de transporte. Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través de Retegal xestionará unha infraestrutura que lle permitirá unha gran capilaridade para achegar á Rede as zonas máis illadas tecnoloxicamente que ata o de agora non podían acceder aos servizos dixitais máis avanzados.
A secretaria xeral incidiu na importancia da implantación destas redes de novas xeración para poder avanzar en novos servizos innovadores e diferenciais como os dispositivos no fogar, cuxa incentivación se inclúe na estratexia da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. Nesta liña, Mar Pereira indicou que se impulsará o fogar dixital «que amosa un novo concepto de habitabilidade e sustentabilidade que mellorará a calidade de vida nos fogares galegos no eido da eficiencia enerxética, da seguridade, da accesibilidade e incluso do lecer».
A previsión de penetración do fogar dixital a nivel mundial estímase nun 44% nun prazo de 3 anos, un dato, que segundo Mar Pereira, dá a medida da importancia e as oportunidade que pode supoñer para Galicia impulsar este tipo de iniciativas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS