AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A reforma do Colexio Médico da Coruña apoiarase na aposta polo dixital

venres 5 de marzo do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 35.3 KB
Presentación dos traballos de renovación fotografada por El Correo Gallego

A medicina galega estará en breve máis preto da vida dixital. Máis polo miúdo a través dun colectivos profesionais que a representan, o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, que se reuniu onte na súa sede de Compostela, en San Pedro de Mezonzo, para asumir a nova comunicación que imprimen as redes como instrumento fundamental da súa posta ao día. Así nolo fai saber El Correo Gallego, que estivo na asemblea da xunta directiva e que tomou nota da arela de modernización dos integrantes do Colexio, entidade nada en 1974 e agora inmersa nun proceso salientable de reforma. Esta, informaron os membros do Colexio, consistirá basicamente en facelo máis operativo, máis en liña, e en dotalo a través das ferramentas tecnolóxicas e de participación nun ente de maior funcionalidade. A idea, apuntaron, é evitar que se converta nun órgano obsoleto, e con máis razón aínda se temos en conta que se trata dunha das sedes máis importantes de España dentro da súa profesión.
O proceso de reforma da entidade, que conta con 5.500 colexiados, estenderase ao longo de 8 meses (a partir de abril). Os traballos chegarán á remodelación do emprazamento colexial na cidade de Santiago, que terá nova sala de xuntas e novo salón de actos amais de espazos multifuncionais para os membros da entidade e unha sala de informática. A idea é contar co equipamento preciso para achegar comunicacións por videoconferencia e formación en liña sen que sexa preciso botar man de recursos e servizos externos. O orzamento desta reforma será duns 500.000 euros.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS