A rede WiMAX para achegar a Internet a 8 concellos do sur de Lugo avanza cara a súa posta en marcha
venres 3 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
A
finais do ano pasado a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
convocou un concurso para a adquisición e implantación dunha rede
de telecomunicacións sen fíos de acceso á Internet de banda larga para os
concellos do sur de Lugo, así coma o servizo de explotación da rede
e a súa conservación, contando cun orzamento de 1 millón de euros e que debería
concretarse en conexións WiMAX cunha velocidade mínima de 1 Mbps que se
comercializaría a un máximo de 30 euros/mes (aínda que podendo optarse a
velocidades maiores a prezos superiores). O proxecto pretende cubrir coma
mínimo o 80% dos núcleos rurais de Carballedo, O Saviñao, Chantada, Taboada,
Monterroso, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober e Pantón (podendo chegar
a espallarse á Peroxa, Nogueira de Ramuín, Palas de Rei e Rodeiro) e segundo
publica La Voz de Galicia, a
empresa contratada pola Consellería de Medio Rural está a piques de rematar o
seu traballo.
De feito, onte mesmo o tenente de alcalde de Chantada, Alfonso Piñeiro,
concertou unha entrevista con María del Mar Pereira, responsable da Secretaría
Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (departamento que continuará o
proxecto iniciado por Medio Rural) para discutir sobre a implantación da nova
rede, instando a que entre en funcionamento no verán, momento no que acoden
moitos visitantes ao concello lugués, polo que sería un momento ideal «para publicitar un servizo que vai ser un
atractivo máis e moi importante para captar posibles novos residentes».
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















