SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A galega Sdweb localiza ao galego o xestor documental Alfresco

mércores 25 de agosto do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

A empresa galega Sdweb, ubicada en Santiago de Compostela, que nos últimos anos estivo traballando a reo na implantación de Alfresco como sistema de xestión documental e intranet corporativa, ven de localizar ao galego o devandito xestor documental na súa versión 3.2 r2, unha ferramenta desenvolvida en software libre que a día de hoxe é unha das aplicacións máis potentes do mercado competindo con outros xestores documentais propietarios como Documentum ou Share Point.
A nova localización foi validada pola comunidade de usuarios e socios de Alfresco e encóntrase accesible para a súa descargar a través da súa páxina oficial. A gran vantaxe da nova localización ao galego, que ven a substituír unha localización anterior do ano 2007, é que, segundo informan dende Sdweb, “incorpora todo o entorno de Share ou intranet colaborativa”.
O Share de Alfresco consiste nunha intranet colaborativa onde os usuarios poden acceder ao xestor documental e ao mesmo tempo teñen ferramentas para pór en común a documentación grazas a wikis, calendario de eventos, lista de tarefas, blogs, foros ou directorios de contacto.
Esta nova funcionalidade, afirman dende a compañía compostelá, “supuxo un importante avance no xestor documental que xa non só se limita a organizar á información senón que permite crear unha intranet colaborativa a través da cal se organicen as empresas”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS