AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A galega Open Soft recolle o Premio INEO á Mellor Aplicación TIC

luns 6 de setembro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

O pasado venres, día 3 de setembro, o Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela vestiuse coas súas mellores galas para albergar, ademais dos seus hóspedes habituais (normalmente peregrinos e turistas que se achegan a ver a catedral), a preto de 500 profesionais das TIC de ámbito europeo, que acudiron puntuais a esta cita anual do sector tecnolóxico galego.
Nesta edición, como non podía ser doutra maneira, o evento estivo marcado pola celebración do Ano Santo en Compostela, e baixo o lema, O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións europeas, enxeñeiros de telecomunicacións chegados de todo o continente debateron en Santiago a situación deste sector na Comunidade.
O evento, que organizou o COETG-AETG, estivo presidido pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e contou coa presenza, entre outras autoridades, do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.

JPEG - 67.4 KB
O evento nunha instantánea recollida por El Correo Gallego

Nesta cita, entre outros temas, retomouse a demanda do Colexio ao Goberno dunha Axencia Estatal de Radiocomunicacións para Galicia, así como a regulación do colectivo e das súas competencias no panorama da Europa comunitaria.
Tamén nesta cita, Edita de Lorenzo, directora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, recibiu o premio de Enxeñeira do Ano, e Andrea Penza, presidente da Federación de Ingenieros de Telecomunicación da Comunidade Europea (FITCE), converteuse en Socio de Honra da AETG, polo seu compromiso co desenvolvemento das Telecomunicacións en Europa e os beneficios que este modelo de negocio pode proporcionar á nosa rexión.
Ademais destes e outros recoñecementos, a organización entregoulle o Premio INEO á Mellor Aplicación TIC á empresa Open Soft Servicios Informáticos S.L. polo seu proxecto ONETBACK.
Esta distinción, patrocinada pola Asociación INEO, recoñece aqueles produtos ou servizos innovadores desenvolvidos desde Galicia que destacan pola súa calidade e aportación ao crecemento económico.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS