SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A galega Imatia achégalles un sistema de eAdministración a 15 concellos

martes 7 de abril do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O proceso de chegada da Administración Electrónica ao ámbito local non é cousa dunha xornada nin dun mes, nin tampouco dunha lexislatura. En certa maneira, comparte características coa nova orde de Rede: está sempre en desenvolvemento e cada capítulo leva implícito o desenvolvemento do seguinte. Con todo, hai unha serie de requisitos que os concellos deben cumprir por lei, requisitos que son a proba de que o labor está en marcha. Por exemplo: a desaparición do papel nas administracións locais como soporte para a comunicación cos cidadáns. De favorecerlles aos concellos e aos veciños estas e outras esixencias trata precisamente o traballo desenvolvido pola firma Imatia, xurdida ao abeiro da Universidade de Vigo e hoxe en día achegando ferramentas para a xestión pola vía dixital do que até o de agora se viña realizando a través dos documentos tradicionais. Segundo informa o Faro de Vigo e se fai eco a web do PEGSI, a principal achega da firma Imatia no eido da eAdministración non é outra que o sistema Cividas, arestora presente en 15 concellos galegos: os da área metropolitana de Vigo, Ferrol, Sanxenxo e Marín.
Máis polo miúdo, o desenvolvemento terá unha función dupla: por unha banda favorecer unha plataforma común a unha chea de administracións locais e, pola outra, posibilitar que os concellos poidan axilizar e mellorar as súas comunicacións internas e coa cidadanía. Isto último significará que a veciñanza estea en disposición de consultar expedientes ou achegar documentación dende o fogar e a calquera hora do día, facendo máis doado, rápido e limpo (pola ausencia de papel) o proceso de tramitación ou consulta. Asemade, o software fará posíbel que o funcionariado comprobe en tempo real a fase en que se encontra cada proceso e transmitirllo ao veciño ou veciña.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS