A filtración de fotografías de celebridades a través de iCloud non sería culpa dun fallo de seguridade

martes, 2 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Jennifer Lawrence foi a actriz máis prexudicada pola filtraciónQue fotografías íntimas dun cento de celebridades norteamericanas filtradas a través da Internet posiblemente aproveitando as copias de seguridade que fan na nube os smartphones actuais puxo a Apple en garda, e despois de que moitas voces apuntasen a que iCloud sería o principal culpable desta filtración (curiosamente un días despois de que se desvelase un fallo de seguridade que permitiría realizar ataques de forza bruta contra tal sistema) iniciaron unha investigación da que, tras 40 horas de traballo, conclúen que as conta comprometidas non foron vulneradas a través un fallo de seguridade, senón mediante ataques moi dirixidos, empregando nomes de usuario, contrasinais e preguntas de seguridade (o que pode acontecer con calquera outro servizo en liña).
Apple tamén asegura estar a traballar coas autoridades pertinentes para identificar aos responsables deste roubo de datos, estando confirmado que o FBI xa está involucrado na investigación, aínda que polo momento non queren facer declaracións públicas sobre o tema.
Pensábase que o autor da filtración era o usuario de 4Chan Bryan Hamade, por ser o que pediu doazóns mediante bitcoin a cambio das fotografías roubadas, pero este administrador de servidores en Southern Digital Media nega ser o responsable do roubo das imaxes, aínda que o feito de que varias das imaxes que publicou fosen inéditas deu a pensar que podería ser máis que un oportunista, e estar involucrado no delito.

PUBLICIDADE