AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A filmoteca social MUBI chegará á PS3 en outubro

xoves 19 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 42.8 KB
Andrew House presentando a chegada de MUBI á PS3 en Colonia

Durante a Gamescom 2010 Andrew House, presidente e xerente da división de lecer de Sony para Europa, presentou a chegada do servizo MUBI á PlayStation 3 o vindeiro mes de outubro, de xeito que dende Gran Bretaña, Irlanda, Francia, Italia, España, Portugal, Alemaña, Austria, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Dinamarca, Suecia, Noruega, Finlandia, Australia e Nova Celandia poderemos acceder a unha ampla oferta cinematográfica a través dunha subscrición mensual ilimitada de 12,99 euros e a 3,59 euros por película.
MUBI non se limita a ser un videoclub en liña, senón que é unha filmoteca social en liña na que están dispoñibles as mellores películas independentes, clásicas e internacionais (coma Amélie, El Laberinto del Fauno ou Mulholland Drive) para a súa cómoda visualización no salón (a través da PS3) e completada con faladoiros sobre películas, valoracións das películas, recomendacións na PlayStation Network e Facebook, e seguir as actualizacións dos nosos amigos sobre as películas das que máis gusten.


Vídeo promocional de MUBI
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS