A cámara Fujifilm X-T10 combina deseño elegante, manexo cómodo e calidade de imaxe
luns, 18 de maio do 2015
A Serie X de Fujifilm está a medrar, e prepárase
para recibir na familia á nova Fujifilm X-T10, unha cámara con obxectivos
intercambiables que combina un corpo compacto e lixeiro cun novo sistema de
enfoque automático que destaca na captura de suxeitos en movemento, amais dun
visor electrónico en tempo real que conta cunha impresionante relación de
ampliación de 0.62x, pantalla de alta definición e o retardo máis breve do
mundo (0,005 segundos).
A Fujifilm X-T10 incorpora un sensor X-Trans CMOS II APS-C con enfoque
automático por detección de fase integrado, pode disparar 8 imaxes por segundo
con alta calidade e incluso goza dunha boa ergonomÃa, xa que a súa placa
superior inclúe tres diais de aluminio con fresado de precisión que dan unha
sensación de calidade e facilitan axustes moi intuitivos da apertura, a
velocidade de obturación e as funcións de disparo. A pantalla LCD de 3 polgadas
pode inclinarse, de xeito que fai doado disparar instantáneas coa cámara sobre
a cabeza ou a ras do chan. O corpo tamén incorpora un flash dentro da placa
superior.
A cámara pode disparar fotografÃas de 16,3 MpÃxeles e gravar vÃdeo Full HD a 60
imaxes por segundo até a 36 Mbps, o que permÃtelle captar en alta definición os
movementos máis sutÃs. Tampouco lle falta conectividade Wi-Fi para poder
disparar dende un smartphone ou tableta (o que tamén permite a copia de
seguridade dos datos da cámara a un ordenador sen empregar cables).
Entre as vantaxes desta familia de cámaras destaca a variedade de obxectivos
dispoñible, xa que as montura X de Fujinon contan actualmente con 18 obxectivos
distintos, que irÃan dende un ultra grande angular até teleobxectivos, pasando
por obxectivos de focal fixa e apertura rápida.
Estamos ante unha cámara moi interesante, que combina elegancia e
versatilidade, e sairá
á venda o mes que vén a un prezo de 799,95 dólares (o corpo), o que o
converte nunha alternativa á Fujifilm
X-T1 a un prezo considerablemente inferior (pois esta cámara anda no
contorno dos 1.100 euros).
- A Fujifilm X-T10 presenta un deseño moi elegante (con certo aire retro)