A artesanía chega a Amazon.es

xoves, 22 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Hai preto dun ano Amazon lanzaba nos EE.UU. Handmade at Amazon, unha tenda de produtos artesanais que parecía querer converterse nunha ameaza no grande referente do sector, Etsy, e que hoxe estréase en Amazon España, Reino Unido, Francia, Italia e Alemaña, deixando clara a aposta de Amazon polos produtos feitos a man e comercializados polos propios artesáns, limitándose a compañía a intermediar nas operacións de compra-venda.
Handmade en Amazon fai así este desembarco europeo ofrecendo un catálogo duns 30.000 produtos artesanais repartidos en categorías como a xoiería, a decoración para o fogar, as obras de arte e incluso produtos de iluminación e xoguetes, contando un terzo dos produtos dispoñibles a opción de personalización, de xeito que o público que busca artigos únicos e elaborados a man non terán que recorrer a marketplaces alternativos e poderán optar por unha plataforma de comercio electrónico coa que están familiarizados e que cada vez quere chegar a un público máis amplo incrementando paulatinamente as súas liñas de negocio.

Handmade en Amazon chega hoxe a España

PUBLICIDADE