Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta concederá axudas para a adquisición de equipos de satélite de TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta concederá axudas para a adquisición de equipos de satélite de TDT

Raquel Noya
Publicado: 06/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tdt_satelite.jpgA Xunta de Galicia, a fin de levar o novo sinal de televisión a todas aquelas zonas que quedarán sen cobertura terrestre unha vez concluído o proceso de apagamento analóxico, está xa a tramitar axudas para a adquisición de equipos de recepción por satélite para aquelas localidades que, por razóns xeográficas ou sociais, precisan instalar equipos de cobertura dixital para esta plataforma, tal e como xa anunciara en distintas ocasións no Parlamento de Galicia o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.
Estas axudas irán destinadas a persoas de colectivos en risco de exclusión social e serán tramitadas en colaboración cos concellos, instaladores e as deputacións provinciais interesadas.
O Plan Técnico Nacional de TDT, aprobado polo Goberno central, establecía para Galicia unha cobertura de TDT do 98 por cento. O Goberno galego pola súa parte fixou como compromiso chegar ao 100 por cento de cobertura. Nestes momentos xa é do 99 por cento e durante os próximos días, unha vez concluída a transición de sinal analóxico a dixital, técnicos da Xunta e das empresas instaladoras certificarán as distintas zonas sen cobertura terrestre, un requisito necesario para a instalación de equipos de recepción por satélite, tal e como establece unha disposición adicional da lei 7/2009 sobre modificacións técnicas de impulso á TDT.
Ás axudas que se publicarán proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOGA) poderán acollerse todas aquelas persoas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social, e irán destinadas tanto aos que vaian a instalar equipos satélites como, con carácter retroactivo, aos que xa o fixeran. Neste sentido o Goberno galego puxo en marcha varias unidades móbiles que percorren Galicia para poder tamén identificar a persoas sen cobertura dixital que por distintas razóns non informaron nin aos concellos, nin a instaladores nin ao 012 ou a Oficina Técnica da TDT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?