A Xunta destaca a importancia de potenciar o uso das TIC entre as mulleres

martes, 1 de outubro do 2013 Redacción

A innovación tecnolóxica baixo o filtro do xénero é o título que levan unhas xornadas organizadas pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña que se inauguraron hoxe nun acto no que participou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, quen destacou a importancia de potencial o uso das TIC entre a poboación feminina para diminuír a fenda dixital existente en relación cos homes.

Susana López Abella participou na inauguración dunhas xornadas organizadas pola Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña

Abella subliñou que as TIC constitúen un sector sobresaínte tanto en investigación como en empregabilidade, polo que trátase dun nicho de emprego do que non poden quedar á marxe as mulleres, polo que consideran preciso estimular un crecemento máis rápido no coñecemento e uso das TIC por parte das mulleres, polo que o primeiro chanzo pasa por divulgar os beneficios e as potencialidades das tecnoloxías e a Internet entre a poboación feminina co obxecto de estimular o seu interese.

PUBLICIDADE