A Xbox 360 vendeu preto dun millón de unidades a semana pasada
martes 29 de novembro do 2011, por |
Nos EE.UU. comezou oficialmente a campaña de Nadal o venres
pasado, co chamado BlackFriday, que
tivo unha especie de segundo día de ofertas para promover as vendas adiantadas
onte (Cyber Monday), e unha das
compañías que está a celebrar tal éxito é Microsoft, xa que a
semana pasada conseguiron vender nos EE.UU. máis de 960.000 consolas Xbox 360,
o que supón o meirande volume de vendas da súa consola na súa historia.
A Xbox 360 saíu á venda hai 6 anos, conseguindo colocar no mercado preto de 60 millóns
de unidades vendidas neste tempo, conseguindo tomar a dianteira á PlayStation 3
(especialmente nos EE.UU., onde ten un 60% máis de vendas que a consola de
Sony), polo que sorprende que só no Black Friday conseguisen vender máis de 800.000
unidades nos EE.UU. (pois xa é unha máquina moi consolidada), ao que habería
que engadir que tamén conseguiron vender máis de 750.000 sensores Kinect para a
Xbox 360 durante a semana pasada nos EE.UU., o que confirmaría o éxito desta
solución tecnolóxica que ao contar cunha base de dispositivos cada vez maior
tamén poderá contar con máis títulos que tiren proveito dos mesmos.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















