SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A Xbox 360 estrea aplicación de YouTube

mércores 14 de decembro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A actualización da semana pasada da Xbox 360 non só mudou a aparencia do Dashboard da consola de Microsoft e incorporou o control de voz de Kinect en español, senón que tamén abriu o acceso a varias canles televisivas dende a consola, que van ampliándose paulatinamente, de xeito que hoxe chegan as canles en directo La 1, Teledeporte e Canal 24 Horas, pero tamén os contidos á carta de RTVE.es, os máis de 80.000 vídeos musicais de MUZU.TV e incluso a agardada aplicación de YouTube, que facilita ver unha infinidade de vídeos dende o televisor do salón, incluso en alta definición, de xeito que podería ter incluso mellor aceptación entre o público que as canles de televisión en directo que se integran na grella da Xbox 360.
Entre as funcionalidades da aplicación de YouTube para a Xbox 360 está a facilidade de acceder aos vídeos máis populares ou destacados, así como xestionar a nosa propia conta de usuarios para acceder a listaxes de reprodución ou a vídeos marcados para unha reprodución posterior. Tamén conta cunha función de busca que pode manexarse co mando da consola ou mediante xestos (de contarmos co sensor de Kinect) non soportando polo momento as buscas mediante voz.

Demostración da xente de IGN da aplicación de YouTube para a Xbox 360

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS