A Wii U chegará ás tendas a tempo para o Nadal
xoves 26 de xaneiro do 2012, por |
Pese ao bo funcionamento comercial da Nintendo 3DS na
tempada de Nadal, Nintendo
vén de anunciar o seu primeiro ano de perdas, estimando unhas perdas
operativas de 45.000 millóns de iens, moi superiores ás agardadas, pois tiveron
que reducir as previsións de vendas das súas consolas.
Esta caÃda dos resultados da compañÃa responderÃa a moitos factores, como o mal
comezo da 3DS (consola portátil que agora goza dunha excelente saúde), o estancamento
da Wii (que está moi preto de tocar teito), o investimento en investigación e desenvolvemento
(aparte da nova 3DS están a preparar a Wii U) e, moi especialmente, a fortaleza
do ien (o que prexudica seriamente ás exportacións).
Pero tras das estas malas novas, o presidente de Nintendo, Satoru Iwata,
aproveitou a ocasión para confirmar que a súa compañÃa pretende
achegar a súa nova consola doméstica, a Wii U, aos mercados norteamericano,
europeo e xaponés a finais de ano, a tempo para o Nadal.
Nos vindeiros meses coñeceremos máis detalles da nova consola, que segundo
distintos rumores, incluso poderÃa mudar de nome, posto que dende Nintendo
percibiron problemas á comercialización da 3DS polo seu nome (demasiado
semellante ao da anterior portátil da compañÃa) polo que é posible que realicen
certos cambios de cara a unha mellor comercialización (lembremos que a Wii tamén
respondÃa a outro nome nos seus comezos: Nintendo Revolution).

- A Wii U sorprendeu por contar cun accesorio con aparencia de tablet, que abrirÃa novas posibilidades á consola doméstica de Nintendo (que continuarÃa sendo compatible cos mandos tradicionais da Wii)
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com


















