A OSL da USC rematou a tradución ao galego do GNOME 2.30
martes 16 de febreiro do 2010, por |
A
Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela informa que
tras mes e medio de traballo remataron
a revisión da localización da vindeira versión do contorno de escritorio GNOME
2.30.0, previsto para o 31 de marzo. Para desenvolver este labor
tiveron que revisar máis de 45.000 cadeas do núcleo deste sistema, aproveitando
a ocasión para aplicar novos consensos na comunidade de localización galega e
homoxeneizar a tradución.
Como
exemplos dos cambios aplicados está a substitución de numerosos termos:
plugin por engadido, tab por separador (deixando de lado outras
palabras coma lapela ou pestana), comando por orde e colar por pegar.
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















