A LaconNetwork de setembro terá lugar en Aldea Nova

mércores, 21 de setembro do 2016 Marcus Fernández

O tradicional encontro tecnolóxico-gastronómico que xunta a profesionais e emprendedores do sector TIC galego os últimos venres de cada mes, a LaconNetwork, vai rematar o mes de setembro con outros cita habitual, a que ten lugar en Aldea Nova, onde o Lacon Evanxelizador Camilo Ameijeiras fará de anfitrión no seu propio fogar dun xantar no que servirase churrasco á grella (con opción vegana), secreto ibérico, patacas á brasa, millo á brasa, hamburguesas de solla, empanadas de zorza e bonito, fatay (empanadiñas libanesas), choripán e bebidas.
Os interesados en acudir a este encontro que terá lugar o venres 30 de 14:00 a 18:30 horas deberán inscribirse e aboar os 20 euros cos que sufragarase o xantar, que non é máis que unha desculpa para unha sesión de networking entre os albaneis da nube.

PUBLICIDADE