SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A LaconNetwork celebrará o seu segundo aniversario en Arteixo

xoves 19 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Dá a impresión de que cada vez temos máis actividade social no sector tecnolóxico galego, destacando especialmente do“momento gástrico de cada último venres de cada mes dos albaneis da nube, emprendedores , Internet e cloud computing” coñecido coma LaconNetwork, unha serie de eventos que coa escusa dun xantar xunta a profesionais e emprendedores das TIC que queren relacionarse con persoas coas mesmas inquedanzas que consolidouse durante 2010 e que o venres 27 celebrará xa o seu segundo aniversario nun encontro moi especial que terá lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo e que contará cun condutor de luxo, o humorista galego Rober Bodegas.

JPEG - 20 KB
Eduardo Fernández de RIM será o convidado estrela da LaconNetwork 2Years

A LaconNetwork 2Years será un encontro distinto ao que estamos afeitos os que acudimos a este tipo de encontros, pois non comezará cun xantar, senón que principiará ás 10:00 horas, acollendo un par de coloquios (un sobre modelos de financiamento para o emprendemento e outro sobre canles de valor e aceleración) dos que aínda non anunciaron quen serán os participantes, aínda que si adiantaron que o evento contará cun convidado moi especial, Eduardo Fernández, vicepresidente e managing director de Research In Motion (RIM) en España, o que resulta de grande interese polo momento crucial que está a vivir a plataforma BlackBerry.
A inscrición para o evento xa está aberta, tendo que aboar os asistentes 17 euros por anticipado para axilizar o pagamento do xantar que acompaña a xornada.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS