A Deputación de Lugo aproba un plan de aforro na telefonía de 180.000 euros

venres, 18 de xullo do 2014 Redacción

Hoxe era aprobada pola Xunta de Goberno a unificación do contrato dos servizos de telefonía e Internet (telefonía fixa e móbil co de banda larga), introducindo unha fórmula pioneira na Deputación de Lugo para continuar coa redución de gastos correntes. Esta acción suporá unha dobre vantaxe: reducir os custos de telefonía nun 51%, aforrando 180.000 euros ao ano; e por outro lado pór en xogo “a mellor rede interadministrativa dunha entidade pública en Galicia”, en palabras do organismo provincial, levando Internet a 48 Consistorios e 48 prazas públicas municipais, cunha velocidade de entre 100 e 50 Mbps.
Máis polo miúso, os 48 concellos que gozarán desta iniciativa son: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.
Segundo verbas do voceiro socialista -Manuel Martínez- “logo dos recortes dos Gobernos do Partido Popular, a Deputación financiará esta programación co fin de salvala e garantir o seu desenvolvemento na provincia este ano e o vindeiro, dentro da nosa aposta pola máxima cooperación cos municipios”.

PUBLICIDADE