PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A Cope podería vender Popular TV

mércores 3 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Nun momento no que a televisión autonómica de La Voz de Galicia xermola, vemos como a outra concesión privada de TDT da nosa comunidade periga, pois o presidente da Cope, Alfonso Coronel de Palma, confirmou que a súa compañía está a reducir gastos, e busca investidores para Popular TV, área de negocio da compañía que estaría en fase de «reconsideración» á vista da enorme oferta de canles que hai na actualidade, chegando incluso a principiar conversas co grupo mexicano María Visión para a venda de Popular TV.
A marcha da emisora de radio da Cope de estrelas coma Federico Jiménez Losantos e César Vidal provocou unha importante caída de audiencia, co consecuente impacto económico que iso ten, polo que podería comezar a rebaixar os salarios dos seus traballadores para paliar a sangría económica sen ter que realizar despedimentos masivos, de aí que Coronel de Palma chegue a declarar que «se hai un sector en crise, non é o da construción ou o automobilístico, senón o dos medios de comunicación, cuxas cifras son tremendas».

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS